jueves, 1 de octubre de 2020

Ainoa Buitrago actuará no Concello de Oleiros dentro do ciclo metropolitano Elas Son Artistas

Dada a situación actual das salas de concertos, o evento de Ainoa Buitrago celebrarase finalmente o venres 9 de outubro no auditorio do centro cultural A Fábrica no Concello de Oleiros.

 

Dada a situación actual das salas de concertos, o evento de Ainoa Buitrago celebrarase finalmente o venres 9 de outubro no auditorio do centro cultural A Fábrica no Concello de Oleiros.

O último lanzamento da artista, “Cuentas pendientes”, unha colaboración con Paula Mattheus, conta xa con máis de 200.000 reproducións en Spotify. 

A Coruña, 1 de outubro de 2020.- 

Falar de talento musical, moitas veces, pode resultar un tanto subxectivo. Tan subxectivo como persoas poida haber no mundo, e ademais, din que as persoas talentosas adoitan estar escondidas nos lugares máis recónditos do planeta, sen facerse notar ou facéndoo moi timidamente.

Ainoa Buitrago é unha delas. Apenas hai un mes lanzaba o seu último single "Cuentas pendientes", unha canción que desde o principio namorounos sen remedio algún: diferente a todo o anterior, "bailonga" e cunha colaboración de luxo, a de Paula Mattheus. Así e todo, a traxectoria da artista vén de lonxe, e é que, escondida entre as sombras, irrompeu no panorama musical cun dos seus primeiros temas, "Venecia", acompañada polo mismísimo Andrés Suárez.

A súa versatilidade influenciada pola música de autor, o indie, R&B ou a música urbana cunha forte influencia pop e contar un mestre de luxo dan forma a unha meteórica e ascendente carreira, xa que conseguiu asinar dous contratos con Warner Music Group como artista e compositora con quenes publicará o seu primeiro disco. Unha artista incansable e imparable que estará o próximo 9 de outubro ás 21.00 horas no Concello de Oleiros presentando en directo esas cancións incluidas no seu primeiro traballo.

Acceso e protocolo de prevención da COVID-19:
As invitacións poderán recollerse a partir das 20.00 horas na billeteira do Centro Cultural A Fábrica ata completar a capacidade do auditorio. Haberá un dispensador de xel hidroalcólico na entrada. 


Elas Son Artistas é un micro festival no que a creatividade da muller é protagonista e que achega eventos culturais a 8 concellos da área Metropolitana da Coruña cunha programación máis intensa na capital, na que conta con múltiples sedes.

En todos os espectáculos, sexan de música, pintura... a característica que os une é que hai mulleres creadoras á fronte deles, aínda que iso non exclúe aos homes dos nosos escenarios. Trátase dun proxecto que pretende visibilizar a igualdade na cultura e que incorpora tamén unha xornada profesional para traballar no ámbito das boas prácticas que permitan unha igualdade real no ámbito das artes, tanto por parte das administracións públicas como desde o sector privado. Na edición actual damos traballo a 96 artistas e profesionais do sector cultural, ademais do equipo principal do festival que somos catro persoas e duas máis que se suman como colaboradoras.