O festival reconvertido en ciclo na súa terceira edición, mantén na oferta da área metropolitana unha aposta pola cultura en tempos de COVID-19.
A primera das citas será o domingo no auditorio do parque da Igrexa, no Concello de Cambre, con Belém Tajes, e a segunda, no patio da Fundación Luis Seoane, no Concello da Coruña, con Lúa Mosquetera e Mounqup.
A Coruña, 2 de setembro de 2020.-
Despois dun mes de agosto marcado polos sorrisos coa mirada tralo concerto de Silvia Penide no Concello de Bergondo, e a incerteza que estamos a vivir o sector cultural tralo anuncio hai un par de semanas por parte das autoridades sanitarias que obligou ao peche das salas de concertos, este domingo regresa o ciclo metropolitano de música e artes pola Igualdade, Elas Son Artistas, con dúas actuacións no Concello de Cambre e no Concello da Coruña.
O primeiro deles será a actuación de Belém Tajes no Concello de Cambre, que un ano máis, encherá de música o auditorio do parque da Igrexas (12.30 horas). A que fora voz de Luar na Lubre, da un paso adiante coa presentación dun novo proxecto máis persoal, unha mistura de cancións en galego e castelán con reminiscencias a súa infancia entre Bos Aires e Camariñas. Un traballo con novas sonoridades folk pop cun gran poso de música tradicional que verá a luz en outono.
Xa entrada a tarde, o patio da Fundación Luis Seone, na cidade herculina, encherase de música a partires das 19.00 horas coas actuacións de Lúa Mosquetera e Mouqup. Esta última artista mezcla unha gran variedade de influencias culturais que van desde os ritmos africanos á experimentación industrial nórdica creando atmosferas sonoras, capas que van sumando múltiples elementos que desembocan na súa visión de música. En cambio, Lúa Mosquetera achegará a súa poesía feminista con base musical de “reguetón”. Trátase dunha enumeración de varios micromachismos que se sofren a diario (baseado en testemuños reais) cunha reflexión final que invita a cuestionarse certas actitudes cotiás incitando ao cambio e á busca da igualdade.
Acceso e protocolo de prevención da COVID-19:
A entrada a ambos concertos será de balde e o acceso abrirase 30 minutos antes de cada celebración. No caso de Cambre teranse en conta os núcleos de conviventes. O público deberá ter posta máscara durante todo o espectáculo e respectar a distancia de seguridade marcada entre localidades.
Elas Son Artistas é un micro festival no que a creatividade da muller é protagonista e que achega eventos culturais a 8 concellos da área Metropolitana da Coruña cunha programación máis intensa na capital, na que conta con múltiples sedes.
En todos os espectáculos, sexan de música, pintura... a característica que os une é que hai mulleres creadoras á fronte deles, aínda que iso non exclúe aos homes dos nosos escenarios. Trátase dun proxecto que pretende visibilizar a igualdade na cultura e que incorpora tamén unha xornada profesional para traballar no ámbito das boas prácticas que permitan unha igualdade real no ámbito das artes, tanto por parte das administracións públicas como desde o sector privado. Na edición actual damos traballo a 96 artistas e profesionais do sector cultural, ademais do equipo principal do festival que somos catro persoas e duas máis que se suman como colaboradoras.