Imaxe de Google Street View
A protesta levarase a cabo baixo o lema “queremos ensinar, non contaxiar”
A sustitución de profesorado por mamparas que se traduce en manter a ratio de alumnos na aula, a supresión
do metro e medio de seguridade entre alumnos e a formación de equipos Covid con docentes que carecen de
preparación sanitaria suficiente, algunhas das rehivindicacións do centro.
O 16 de setembro ás 12:00h celebrarase unha concentración pacífica da comunidade educativa do IES SALVADOR DE MADARIAGA no exterior do centro promovida polo seu profesorado como sinal de protesta
pola situación actual no retorno á actividade lectiva en Galiza.
O acto consistirá no seguinte:
1. Xuntanza ordenada e responsable dos participantes.
2. Lectura dun manifesto coas seguintes pautas fundamentais:
• Queremos ensinar, non contaxiar. É indespensábel a formación do profesorado e familias en
protocolos de prevención e actuación fronte a situacións de potencial risco pola Covid-19. Non é
razoábel deixar a responsabilidade dos plans de actuación, prevención e contención nas mans de
profesores sen preparación sanitaria previa.
• A volta ás aulas ten que ser en condicións de seguridade e de calidade educativa. Debemos dispor de
EPIS e reforzar os equipos de limpeza.
• Non ás mamparas. Non garanten seguridade sanitaria e, unidas ó uso da máscara e o mantemento do
ratio na aula, dificultan a xa complexa interacción necesaria para desenvolver un proceso ensino-
aprendizaxe de calidade na aula. Solución excepcional, non prioritaria.
• Oportunidade histórica para unha redución da ratio máis necesaria ca nunca. É a única maneira de
garantir o tan necesario distanciamento e o mesmo tempo facer frente as dificultades de traballar con
máscara e así poder atender á diversidade e os diferentes ritmos de aprendizaxe de cada un dos alumnos,
sin deixar a ninguén atrás. Para isto, necesitamos máis docentes.
• Necesidade urxente de formación na educación a distancia do profesorado para garantir a
posibilidade de educación a distancia, sexa puntual, circunstancial, parcial ou total.
• Necesidade urxente de dispor de medios dixitais para a igualdade de condicións e oportunidades de
tódolos alumnos.
3. Cacerolada de protesta.