O resto da cidade manterá as normas que rexen para toda Galicia
As zonas que seguen coas restricións serán acoutadas por rúas e non por
barrios concretos
A Coruña, 9 de setembro de 2020.
Ante a evolución positiva da pandemia na
comarca, a Consellería de Sanidade levantou hoxe as restricións na cidade da
Coruña agás nas zonas da Agra do Orzán, Sagrada Familia, Os Mallos, As
Conchiñas e O Ventorrillo. Estas zonas continuarán coas restricións -publicadas o 7
de agosto no DOG- polo seu elevado número de contaxios que contrastan co resto
das zonas da urbe que manterán as normas que rexen para toda Galicia.
A Xunta informou hoxe durante a reunión que as restricións continuarán nestas
zonas que serán acoutadas, aínda que os espazos quedarán sinalizados por rúas e
non por barrios.
Segundo o Sergas, a día de hoxe hai 678 casos activos de COVID-19, 72 menos
que onte, e 1.459 persoas atópanse en seguimento por contactos estreitos con
persoas contaxiadas.
Segundo a Xunta de Galicia, o documento completo coas medidas publicarase hoxe
no Diario Oficial de Galicia e especificará as restricións para as zonas acoutadas.
--
*Actualización (09 de setembro, 23h50):
En PDF:
➡ http://ow.ly/gjVS50BmtQw
Resto do DOG ➡ http://ow.ly/uc0F50BmtQt
--