viernes, 14 de agosto de 2020

Sada volve limitar o Feirón a productos de alimentación co fín de reducir o risco de contaxios

 

Diante do aumento de casos de infección na comarca da Coruña pola covid-19 nas últimas datas e co fín de disminuir a súa transmisión o Concello de Sada limitará este sábado 15 de agosto os postos do Feirón aos puntos de venta de productos agrícolas e gandeiros do sector de alimentación e produtos perecedoiros. Para un control máis efectivo do aforo ubicaranse na rúa Linares Rivas onde se recomendará un percorrido de entrada e de saída que coide das distancias de seguridade.

Esta medida reduce a capacidade de postos a menos dun 25% e ten como obxetivo reducir o risco de contaxio e evitar posibles aglomeracións de personas na vía pública. Desde a entidade local agardan que a decisión sexa efectiva e pódase reanudar a feira coa súa extensión habitual nas vindeiras fines de semana.

Así mesmo lembran á veciñanza que é imprenscindible seguir as recomendacións sanitarias para previr a transmisión do coronavirus como da utilización da máscara en todas as circunstancias previstas, ao lavado de máns frecuente ou ao mantenimento da distancia interpersoal.