Imagen de Google Street View
O tráfico estará cortado no tramo que vai desde a praza Antonio Tenreiro até a
praza de Vigo
A Coruña, 13 de agosto de 2020.-
A Concellería de Mobilidade peonaliza a rúa Emilia
Pardo Bazán, en concreto, o tramo que vai de da praza Antonio Tenreiro á praza de Vigo
seguindo o modelo que se utilizou nas rúas Compostela, Alcalde Marchesi e Monte das
Moas. A partir de mañá só poderán circular pola vía os vehículos destinados á carga e
descarga (até as 11.00 horas) e as/os residentes que queiran acceder aos garaxes.
Co fin de avisar á veciñanza, o persoal traballador instalará bordos e macetas que
impedirán o paso do tráfico rodado. A alcaldesa, Inés Rey, explicou que a intención do
Goberno local é facer da Coruña un exemplo de sustentabilidade e que todos os barrios
poidan gozar de espazos de convivencia.
Emilia Pardo Bazán será peonil até o 15 de setembro, pero desde a Concellería de
Mobilidade non descartan que esta medida sexa definitiva e que a rúa se una a outras
peonalizacións dentro do plan CoruñaCamiña. Con todo, a decisión non se adoptará sen
consultalo coa veciñanza do barrio e presentar un plan que incluiría máis melloras.
Esta actuación responde a unha petición das e dos hostaleiros da zona que solicitaron ao
concello que se cortase o tráfico e se ampliase o espazo para as peoas e os peóns sempre
co compromiso de que se garantan as medidas sanitarias e de seguridade fronte á COVID
19, tal e como se fixo en outras zonas.