lunes, 13 de julio de 2020

O Servizo Municipal de Deportes acolle unha nova edición gratuíta de marcha nórdica no Parque de Eirís



As persoas interesadas poden recoller e entregar o formulario de inscrición asinado na conserxería do Polideportivo do Barrio das Flores do 15 ao 17 de xullo

A Coruña, 13 de xullo de 2020.- 

O Servizo Municipal de Deportes continúa coa actividade gratuíta de clases de marcha nórdica dirixida a persoas maiores de 65 anos de idade, en grupo de 20 persoas, con clases de luns a xoves e de 11.30 a 12.30 h.

O Parque de Eirís será a nova localización para practicar a marcha nórdica, unha actividade física sinxela e apta para todas as persoas, que consiste en camiñar con dous bastóns empregando unha técnica específica, de modo que se exercitan as pernas e tamén toda a musculatura do tronco e as extremidades superiores.

Camiñar é unha das actividades físicas máis recomendadas para manter unha vida sa e activa, especialmente no caso das persoas maiores polos múltiples beneficios que supón a súa práctica, tanto a nivel físico como mental, ademais de ser unha actividade segura e pouco agresiva para o corpo. É un deporte individual que se pode practicar en grupo e ao aire libre. Un deporte facilmente adaptable a todas as idades, sen importar a súa condición física para a súa iniciación.

As persoas interesadas poden recoller e entregar o formulario de inscrición asinado na conserxería do Polideportivo do Barrio das Flores do 15 ao 17 de xullo.