sábado, 4 de julio de 2020

O concello anuncia cambios na distribución das mesas electorais para garantir as medidas sanitarias na xornada do 12 de xullo


O protocolo sanitario ditado polo Goberno autonómico para o desenvolvemento das eleccións galegas obriga a cambiar a organización nalgúns centros

A Coruña, 4 de xullo de 2020.- 

O Concello da Coruña ven de modificar a distribución das mesas en varios colexios electorais co fin de garantir as medidas sanitarias e de seguridade, e reducir o risco de contaxios entre as persoas que acudan a votar na xornada do 12 de xullo. Os cambios responden á aplicación da Resolución de 29 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de maio de 2020, en materia de saúde pública fronte ao COVID-19 para o desenvolvemento da xornada electoral do 12 de xullo de 2020.

👉Puedes ver esta información en la web del Concello haciendo click aquí.