O concello iniciou esta mañá os traballos para substituír o valado por bancos de
pedra e bordos de granito
A Coruña, 6 de xullo de 2020.-
O concello iniciou hoxe os traballos para consolidar
como vía peonil o carril habilitado nos Cantóns durante o confinamento para que a
veciñanza puidese pasear de maneira segura mantendo as distancias impostas
polas autoridades sanitarias. O concello ten previsto que os traballos se prolonguen
durante tres días aproximadamente. En todo caso, confían en que estean
finalizados para a fin de semana, xa que polo momento só se vai substituír o valado
por 125 bancos de pedra, que se colocarán ao longo da vía, bordos de granito e
elementos de ornamentación. Tamén se instalarán sinais verticais e na calzada para
advertir as/os condutores da prohibición de circular polo carril.
Desde Mobilidade destacan que ao retirar os elementos móbiles de separación dos
carrís se garante unha maior seguridade as persoas viandantes que transitan por
esta vía.