A Coruña, 20 de xullo de 2020.-
A Concellería de Infraestruturas desenvolve desde
xuño unha campaña de mantemento de fontes, programada con carácter anual e
que poñerá a punto unha ducia destes elementos ornamentais. Comezárona
despois de San Xoan e estenderase durante todo este mes co fin de pintar as
instalacións cunha maior lámina de auga e que se atopan máis deterioradas como
as de Catro Camiños e A Cubela, a da Virxe do Carmen situada no Paseo Marítimo,
a do Millenium, a dos Surfistas, a da praza de Portugal e a do conxunto escultórico
de Curros Enríquez, en Méndez Núñez.
Tamén se restaurarán as fontes da praza do Tebeo, Afonso XIII e a do Ferrocarril.
Desde a concellería explican que a pintura de vaso está exposta a condicións
agresivas, polo que se recomenda un repaso como mínimo ao ano. Realízase
durante o verán porque os traballos requiren que o tempo sexa seco e estable, o
que facilita un secado máis rápido. A actuación, que rematará na última semana de
xullo, estase levando a cabo segundo a dispoñibilidade do persoal traballador.