No aparcadoiro do Aquarium Finisterrae convertiranse 13 prazas exclusivas de
autobuses en aparcadoiros para autocaravanas para utilizar na época estival, e
no do Paseo Marítimo-Ascensor do Monte San Pedro habilitaranse 11 prazas de
forma permanente
A Coruña, 11 de xullo de 2020.-
Desde este luns, 13 de xullo, A Coruña contará con
dúas novas zonas para aparcar autocaravanas. A Área de Mobilidade do Concello
da Coruña anuncia que no aparcadoiro do Aquarium Finisterrae convertiranse 13
prazas de estacionamento exclusivo de autobuses en aparcadoiros para
autocaravanas no período comprendindo entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.
Pola súa banda, o aparcadoiro do Paseo Marítimo- Ascensor do Monte San Pedro
contará con 11 prazas de estacionamento para este tipo de vehículo de forma
permanente.
Tamén crearanse 7 prazas para autocaravanas no aparcadoiro da Torre de
Hércules, en que actualmente está permitido estacionar en horario diurno de 8 a 22
h, pero estaría prohibido o estacionamento nocturno. A sinalización da Área de
Servizo de Autocaravanas localizada no Portiño reforzarase e marcarase a
delimitación das prazas.
Desde a Área de Mobilidade sinalan que se van colocar paneles orientativos para
guiar as persoas condutoras da autocaravanas a estas zonas e que a sinalización
existente modificouse para así acondicionala á situación actual do peche ao tráfico
do Paseo Marítimo no tramo do Portiño.