A Xunta de Goberno local adxudicaralle os traballos de urbanización da
rúa A Nosa Señora do Rosario á empresa Manuel Rivas Boquete SL, por
un importe de 669.254 euros.
A Coruña, 9 de xuño de 2020.-
A Xunta de Goberno Local aprobará na sesión extraordinaria de mañá a licitación das obras de rehabilitación integral do mercado de Durmideiras por un importe de 1.996. 345, 33 euros e un prazo de execución de 28 semanas. A reforma conta con fondos europeos e ten como obxectivo modernizar o edificio e transformalo nun punto de encontro para a veciñanza. Trátase dunha reforma integral que permitirá mellorar non só o edificio e a accesibilidade ás instalacións, senón tamén a contorna.
O concello reactiva deste xeito obras de mellora que se atopaban paralizadas e dá
resposta a unha vella demanda veciñal. O Goberno local tamén ten previsto licitar
as obras de reforma do mercado de Monte Alto antes de que remate o verán.
A alcaldesa, Inés Rey, asegura que a reforma é unha mostra máis do compromiso
do Goberno local coa modernización dos mercados municipais para a súa
rexeneración e posta en valor. “Unha clara aposta polo comercio de proximidade,
tal e como quedou demostrado nesta crise sanitaria, e pola creación de espazos
urbanos de calidade nos barrios”, explica.
Os proxecto de rehabilitación do mercado sitúa na planta baixa os postos de venda
cun espazo no medio para uso social. A planta alta será un espazo polivalente para
o que aínda no están determinados os seus usos. Ademais, liberarase o espazo
interior das dúas plantas, de maneira que a de arriba quedará diáfana e apta para
albergar calquera tipo de evento promovido pola veciñanza. Na planta de abaixo
reorganizaranse os postos e trasladaranse ao centro para que a fachada sexa
totalmente aberta á rúa. O inmoble contará cun peche de cristal en todo o seu
perímetro co obxectivo de darlle unha maior visibilidade á actividade comercial.
O proxecto enmárcase dentro da Estratexia EidusCoruña, que está financiada nun
80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do eixo
de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España
(POPE) 2014-2020".
A Xunta de Goberno local acordará adxudicarlle as obras de urbanización da rúa A
Nosa Señora do Rosario á empresa Manuel Rivas Boquete SL, por un importe de
669.254 euros. Os traballos terán un prazo de execución de 6 meses. Excluiranse
do procedemento as empresas Alvac, SA, Hordescón, SL e Ovisa Pavimentos y
Obras, SLU por non alcanzar a puntuación técnica mínima prevista no prego de
cláusulas administrativas deste procedemento. Estas obras están financiadas nun
80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do
Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.
Na sesión de mañá, tamén se autorizará suspender as obras de restauración do
Xardín de San Carlos (financiadas nun 80% polo Fondo Europeo de
Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo plurirrexional
de España 2014-2020) ata o 30 de setembro de 2020. Fixarase a data de inicio das
ditas obras para o 1 de outubro de 2020. Segundo o informe técnico, o inicio dos
traballos en época estival poñería en risco a supervivencia dos exemplares
catalogados, en especial dos olmos centenarios.