A suspensión do cobro do estacionamento regulado foi unha das primeiras
medidas tomadas polo Goberno local cando se decretou o estado de alarma
A Coruña, 13 de maio de 2020.- O servizo da ORA restablécese este luns no termo
municipal da Coruña para favorecer o movemento de coches e que as/os traballadoras/es
que se teñan que desprazar pola cidade dispoñan de prazas de aparcamento, sobre todo,
nas rúas máis concorridas. A suspensión do cobro do estacionamento regulado foi unha das
primeiras medidas tomadas polo Goberno local cando se decretou o estado de alarma, para
evitar a propagación do virus entre a veciñanza. Desde este luns, o servizo volverá a estar
operativo, de cara a facilitar unha maior circulación de vehículos e volver así a
recuperarmos a normalidade.
Ademais, comezarán a funcionar tamén as cámaras de videovixilancia distribuídas por toda
a cidade, co fin de controlar o tráfico e erradicar prácticas incívicas ao volante, como é o
caso da segunda fila.