A contorna de Riazor tamén conta desde onte cunha ampliación do espazo
peonil na rúa Manuel Murguía e na avenida da Habana, e a senda
habilitada no Paseo Marítimo quedará implantada de forma permanente
ata novo aviso
A Coruña, 5 de maio de 2020.- Ás doce da mañá de hoxe quedaba completamente
habilitado o carril provisional dos Cantóns, que vai desde A Mariña ata a praza de
Mina, co fin de garantir que se cumpran os protocolos de seguridade sanitaria para
a práctica da actividade deportiva e os paseos da veciñanza.
Infraestruturas tamén deixou rematado onte o carril provisional de ampliación do
espazo peonil da rúa Manuel Murguía e avenida da Habana. O obxectivo da
habilitación desta senda na contorna do estadio de Riazor, explican desde esta área
municipial, é evitar as aglomeracións.
Ademais, o carril provisional do Paseo Marítimo, que vai desde o Monte San Pedro
ata o Dique de Abrigo e que nun primeiro momento só se habilitaría durante as fines
de semana, quedará implantado de forma permanente ata novo aviso. Así mesmo, a
Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade está traballando na
sinalización e na optimización deste carril.
Canto á senda peonil que unirá Catro Camiños e Matogrande, atópase en estudo
por parte dos técnicos municipais e está previsto que se implante antes da fin de
semana.