Esta tarde os Bombeiros da Coruña, coa axuda de tres brigadas de axentes forestais da Xunta, sofocaron un incendio que afectou a aproximadamente trece hectáreas no lugar de Bens, na zona máis próxima a O Portiño, pasando a depuradora.
Foron alertados ás 14.50 horas e unha vez alí, os efectivos traballaron para salvar a parte de arriba na que está a chatarrería que podería ocasionar máis danos.
Os labores complicáronse polo forte vento que se desprazou hacia Bens e pola imposibilidade de accederen aos camiños cos camións, polo que tiveron que realizar o traballo a man con grandes tendidos de mangueiras.
Na actuación interviñeron tres brigadas da Xunta, dous helicópteros e dous hidroavións até case as oito da tarde.
En todo momento, os Bombeiros estiveron pendentes de que o lume non chegara ás casas do núcleo de Bens e lograron extinguilo sobre as nove, quedando pequenos rescoldos sobre os que seguen traballando.
Cortaron tamén as liñas de alta tensión da zona e isto deixou sen subministro a Edar Bens e á pranta de Nostián que o volveron a recuperar ás 22.30 horas.