As obras están en fase de licitación ata o 27 de maio cun
orzamento de 430.419 euros
A pista contará con 200 metros de corda, polo que poderá
acoller incluso campionatos nacionais desta disciplina
deportiva
A Coruña, 20 de maio de 2020. A Deputación da Coruña e o
Concello de Oleiros investirán 430.419,71 euros nas obras de
construción dunha pista de patinaxe de velocidade en Bastiagueiro
(Oleiros), que contará con 200 metros de corda, polo que poderá
acoller incluso campionatos nacionais desta disciplina deportiva.
A Deputación achega, a través do Plan Único (POS+2019), un total
de 413.561 euros, mentres que o Concello complementa o
financiamento con 16.858,58 euros de fondos propios. As obras
están en fase de licitación ata o vindeiro 27 de maio.
A nova infraestrutura ubicarase ao carón das pistas do INEF e da
estrada AC-173, na avenida Ernesto Che Guevara da localidade
oleirense, entre a praia de Bastiagueiro e o parque de Liáns e
solucionará a falta de instalacións deportivas aptas para o
desenvolvemento deste deporte, fortemente consolidado en Oleiros,
que conta cun club que participa de maneira habitual en diferentes
competecións autonómicas, nacionais e incluso internacionais.
A nova pista contará con 200 metros de corda interior e 6 metros de
ancho, con acabado en microaglomerado e acondicionamento do
recinto interior da mesma para zona multiusos e zona de escape
dos patinadores/as. A lonxitude das dúas rectas representará o 55%
da lonxitude da pista, mentres que as curvas representarán o 45%
restante.
A pista irá pechada no seu borde exterior cunha valla de
policarbonato liso e transparente de 120 cm de altura con
pasamáns continuo metálico, esquinas redondeadas e panel de
seguridade inferior de noepreno ou madeira que garanta a
protección contra os golpes sen supor un risco para os deportistas.
Nas rectas disporanse portas de acceso cunha anchura de 1,20
metros, que abrirán en sentido antihorario cara o exterior da pista,
asegurando sempre a continuidade da valla.
O acabado da pista será de microaglomerado sobre unha capa de
zahorra artificial de 40 cm de espesor, de forma que premita unha
rápida drenaxe da auga da choiva e, á súa vez, cumpra cos
requisitos de rugosidade e resbalicidade necesarios para o correcto
desenvolvemento do patinaxe de velocidade, segundo a normativa
actual.
As pista de patinaxe contará cun andén peonil perimetral contruído
no mesmo material e confinado entre bordos de formigón. No
interior habilitarse unha pista multideporte, que cumprirá a
normativa INDE para pistas polideportivas e que poderá ser usada
para a práctica de diferentes deportes.