sábado, 4 de abril de 2020

O concello fai una redución intelixente da iluminación nos espazos públicos nos que a poboación non pode transitar durante o confinamento



Esta racionalización das luces públicas púxose en marcha onte á noite e continuará gradualmente nos próximos días sen afectar á seguridade  cidadá 

A Coruña, 4 de abril de 2020.- O concello, a través da Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, comezou onte á noite a racionalizar a iluminación pública da cidade, co fin de manter esta redución durante o período de  confinamento da poboación. Esta racionalización das luces, que non afectará en ningún momento á seguridade cidadá, seguirá a realizarse de maneira gradual nos próximos días. 

Onte á noite apagáronse as luces do groso da proposta de racionalización da área  de Infraestruturas, correspondente a estes emprazamentos: praza de María Pita,  contorna da Torre de Hércules, Parque Monte de San Pedro, Parque de Bens,  Xardíns de Méndez Núñez, Parque de Santa Margarida, Parque de Oza, prazas da  contorna de Catro Camiños, Parque de Vioño, Parque de San Diego, praza  Pontevedra, iluminación ornamental da Cidade Vella e da súa contorna, Rolda Real  Club Deportivo (terceira rolda), estrada Baños de Arteixo, Parque Ofimático, PaseoMarítimo (entre o dique de abrigo e As Lagoas / entre As Lagoas e Labañou / entre  Labañou e O Portiño) e o polígono da Grela. 

As iluminacións ornamentais de zonas singurales da cidade tamén se apagarán, así  como as luces de viais, prazas, e instalacións deportivas, de forma selectiva  eliminando 1/3 ou 2/3 fases. Ademais, nas luminarias dotadas de telexestión punto a  punto tamén se axustarán os niveis de iluminación. 

Desde Infraestruturas explican que esta é unha proposta inicial para a  racionalización da iluminación pública posto que, á hora de realizar os apagados  selectivos, o persoal operario en coordinación coa área de Seguridade Cidadá evaluará o estado final das zonas, podendo decidir nese momento un reaxuste  sobre o planificado inicialmente. 

Canto á mellora dos valores de contaminación lumínica na cidade debido á redución  das luces en espazos públicos poderán ser evaluados a partir das medicións dos  valores SQM da rede de sensores de Meteogalicia.