Adecuaranse os pasos peonís e adiantaranse as esquinas nos cruzamentos que
hai entre os números 88 e 108
A Coruña, 7 de marzo de 2020.- O servizo de Infraestruturas iniciará a semana que
vén os traballos de mellora da accesibilidade e os espazos peonís na rúa Juan
Flórez entre os números 88 (Oficinas de Abanca) e o 108, á altura do antigo
Opencor. Estas obras enmárcanse dentro do plan de mellora de accesibilidade que
puxo en marcha o Goberno local co fin de garantir a seguridade viaria dos peóns e
peoas e das persoas con diversidade funcional. Un dos piares estratéxicos que a
alcaldesa, Inés Rey, se comprometeu a cumprir no actual mandato.
A actuación ten como obxectivo garantir a accesibilidade da beirarrúa neste tramo
da rúa, que soporta un importante fluxo de xente. Para iso, adecuaranse os pasos
peonís e adiantaranse as esquinas nos cruzamentos.
A obra dálle continuidade a xa executada mellora do espazo público diante do
colexio Labaca.