A Coruña, 4 de marzo de 2020.- Co fin de aclarar as dúbidas surxidas pola veciñanza
con respecto ás obras de rehabilitación na entrada do cemiterio de Santo Amaro e,
en concreto, sobre os muros de cachotería de pedra, o concello informa que:
- Tras retirar destes muros o morteiro de cemento e despois de limpalos e sanealos,
estanse a cubrir de novo con morteiro de cal xa que este tipo de material non se
pode deixar á vista porque quedaría desprotexido ante os axentes erosivos do
ambiente.
Asemade, ao non tratarse de pedra de cantería, a normativa urbanística municipal
non permite deixalos á vista porque poden sufrir danos, sobre todo, por estar tan
próximo o mar.
- Segundo os técnicos municipais é tradición nas cidades galegas calear os muros
para protexelos e tecnicamente é unha solución correcta e válida. Neste caso, foi
Patrimonio quen requeriu que se utilizase o morteiro de cal para este proxecto que
aprobou a concellería de Emprego do anterior mandato dentro dun obradoiro que,
por cuestións de tempo, non se rematou e que está a finalizar agora o servizo de
Edificación, todo baixo a supervisión de Patrimonio da Xunta.