O próximo día 15 de febreiro a versión máis ruda da Patinaxe segue en xogo
A Coruña, 8 de febreiro. O sábado 15 de febreiro a partir das 16.30 da
tarde teremos unha nova cita co Roller Derby Gallego e Nacional.
O lugar escollido é o polideportivo de Monte Alto, onde se disputarán tres
partidos, dous pertencentes á Segunda Xornada da liga Galega da
Federación Galega de Patinaxe (FGP) e un á liga Nacional (WFTDA-ARDE).
Os equipos galegos que se enfrontan no primeiro encontro son Sereas
Bravas (Vigo) contra Jabatas (Ourense) e o segundo partido poñerá fronte
a fronte aos dous equipos coruñeses As Brigantias RD contra Irmandiñas.
No peche de ouro desta Xornada terá lugar o man a man de Sicarias do
Cierzo (Zaragoza) contra As Brigantias RD (A Coruña).
Esta fin de semana o roller derby promete emoción á cidade da Coruña.