O Grupo Municipal Socialista de Arteixo solicita a instalación de novos elementos
lúdicos nos centros sociais, destinados desta volta á súa utilización por parte da
xuventude do Concello. Por exemplo, poderíanse instalar novas mesas de ping-pong e
de xadrez exteriores en varios destes centros sociais, coma o de O Foxo, na parroquia
de Loureda. Trátase dunha inversión pequena e que potenciaría a actividade cultural e
deportiva destes centros entre a mocidade.
O Grupo tamén lle require ao goberno local a elaboración dun plan de mantemento
das marquesiñas do transporte público, así como estudar a colocación destes
elementos protectores nas paradas que non dispoñan dos mesmos. A promoción, a
simplificación e a mellora da comodidade dos usuarios do transporte urbano é esencial
na época que vivimos, xa que vai ser un elemento esencial da loita contra o cambio
climático. Trátase de evitar situacións como a dunha das paradas de Chamín, á altura
do nº 110 da DP-0514, que non ofrece ningunha protección ante as inclemencias do
clima por carecer das proteccións laterais. Neste senso, o PSOE reclama a súa
reparación urxente.