Estes estacionamentos desta duración máxima que afectan ás contornas
dos mercados de Eusebio da Guarda (praza de Lugo), Santo Agostiño e Santa Lucía xa
dispoñían dunha sinalización vertical informativa
A Coruña, 18 de febreiro de 2020.- O Servizo Municipal de Mobilidade informa de
que esta semana se procederán a pintar de cor vermella as prazas da zona ORA
que teñen permitido estacionar un máximo dunha hora. Ata o momento, estas
prazas dispoñían dunha sinalización que informaba do estacionamento máximo de
60 minutos, pero a cor que delimitaba a praza no chan era de cor azul.
Esta iniciativa ten como obxectivo principal que as persoas usuarias da zona ORA
poidan diferenciar nun golpe de vista as prazas cun estacionamento máximo de
dúas horas, as de cor azul, das prazas cun estacionamento máximo dunha hora, as
de cor vermella. Pola súa banda, as prazas cunha duración máxima de 20 minutos
xa están delimitadas coa cor laranxa no chan.
As zonas afectadas pola cor vermella, e que ata o de agora xa dispoñían dunha
sinalización vertical que informaba ao respecto deste estacionamento máximo, son
as contornas do Mercado de Eusebio da Guarda (praza de Lugo), Mercado de
Santo Agostiño e Mercado de Santa Lucía.