A veciñanza poderá achegarse desde este luns ata o Fórum Metropolitano, o
centro Ágora e o propio consistorio ou ben chamar ao 010 para recibir
información sobre os comicios do 5 de abril
A Coruña, 14 de febreiro de 2020.- Con motivo das eleccións ao Parlamento de
Galicia que se celebrarán o 5 de abril, o concello disporá dunhas oficinas de
información e consultas, así como do servizo do Teléfono de Información 010.
Desde este luns e ata o 24 de febreiro, a cidadanía poderá achegarse ao Fórum
Metropolitano, ao centro Ágora e ao propio consistorio para aclarar calquera
cuestión referente aos comicios, en horario de luns a venres, de 08.00 a 20.00
horas. Os sábados, domingos e festivos abrirán de 09.00 a 14.00 horas. Tamén se
poderá chamar ao 010 no mesmo horario ou ao número 981 920 010 para as
persoas que telefonen desde fóra do municipio. Para manter unha conversa por esta
vía, requerirase unha acreditación de identidade.