A Asociación Cultural Galicia Molona organiza dous concertos o
próximo sábado no Bâbâ Bar.
Audrâ e Inland Valley presentan os seus novos temas en A
Coruña.
A Coruña. 13 de febreiro do 2020.
O vindeiro sábado, 15 de febreiro, Audrä e Inland Valley presentan os seus
novos temas na Sala Bâbâ Bar no cuarto evento do colectivo cultural
Galicia Molona.
Audrä é un proxecto persoal de Andrea Colado. Voz e piano da man dunha
xove artista cun talento descomunal. A beleza do sinxelo. Interpretará
cancións do seu anterior EP (Roses) e adiantará temas que estarán no
seguinte (actualmente “cociñándose”).
Inland Valley é unha banda coruñesa que presentará os temas que
integrarán o seu primeiro EP. O seu estilo sitúase entre o Dream Pop o
Indie Pop e influencias Post-Rock. Unha proposta moi persoal que
transmite múltiples emocións en cada canción. Sandra Guedev (teclado e
voces) e Robin Sar (guitarra) propóñenos realizar unha sorprendente viaxe
sonora que non deixará indiferente a ninguén. Unha delicia musical
afastada das propostas máis simplistas e comerciais.
En definitiva, o sábado preséntase unha ocasión excepcional para coñecer
dúas das propostas máis prometedoras da esfera emerxente galega.
As entradas poderán comprarse na sala a 8€.