A Xunta deulle luz verde ao proxecto presentado pola Área de Urbanismo
para estabilizar o noiro rochoso situado na avenida de Arteixo lindeira co Pazo da Ópera,
que permitirá evitar desprendementos e garantir a seguridade das e dos peóns.
O
orzamento de licitación ascende a 661.983 euros e conta coa autorización da Dirección
Xeral de Patrimonio Cultural de Galicia, debido a que as obras afectan a un ben (Casa das
Ciencias, muíño de vento e mural da avenida de Arteixo) que dispón dunha protección de
grao 2.