martes, 14 de enero de 2020

O Atlantic Pride viaxará a FITUR


O Orgullo do Norte presentará a súa innovadora proposta en IFEMA a próxima semana, da man do Consorcio de Turismo da Coruña 

A Coruña, martes 14 de xaneiro de 2020.- O Orgullo do Norte chegará a Madrid a próxima semana. O Atlantic Pride, o festival que encheu A Coruña de ritmo e cor o pasado mes de xullo, visitará FITUR da man do Consorcio de Turismo da Coruña, para ampliar as redes de contacto e como un dos atractivos turísticos que a cidade ofrece a todos os amantes da cultura e a gastronomía, e, especialmente, ao público LGTBIQ+.

Na súa primeira edición, celebrada entre o 7 e o 14 de xullo de 2019, o Atlantic Pride conseguiu atraer a miles de persoas ao redor dunha enorme proposta cultural e de lecer, que comprendía cinema, literatura, gastronomía, fotografía, charlas e, por suposto, música, o prato forte da propostas des te festival, que durante unha semana ofreceu ducias de citas musicais gratuítas.

Con só unha edició ás súas costas, o Atlantic Pride lograba así un nomeamento aos Premios Fest 2019 na categoría de Festival con Maior Diversidade e Igualdade de Xénero, no meamento nas que resultou finalista, e está tamén nomeado nos Iberian Festival Awards, nas categorías de Best Small Festival e Best New Festival.

A dirección do festival prepara xa unha nova edición, que se celebrará entre o 5 e o 12 de xullo de 2020 na Coruña, e coa que pretenden afianzar unha cita capaz de combinar a reivindicación social e a visibilización do colectivo LGTBIQ+ coa cultura e o lecer máis inclusivos e aperturistas, ofrecendo unha programación na que ninguén senta desprazado e todo o público senta partícipe e acollido.