Na obra, que se poderá desfrutar ás 21.00 horas, a butaca achegarase á historia
de Carmela, que tras unha longa xornada cargando peixe, consegue colarse
nunha sala do Pabellón Lino
A Coruña, 22 de xaneiro de 2020.- O Fórum Metropolitano ofrecerá desde este venres
unha nova entrega do ciclo “Sen Numerar. Primavera 2020” coa posta en escena,
ás 21.00 horas da obra “O candil, un musical galego” da compañía Escola Galega
de Teatro Musical. Este apartado incluirá distintos espectáculos para ás persoas
adultas pensados por agrupacións galegas de prestixio, moitas delas pertencentes á
Rede Galega de Teatros e Auditorios, xunto a outras que chegarán de fóra do país.
A peculiarade de contar cun teatro de butacas móbiles permitirá cambiar a
configuración tanto do escenario como da ubicación do público, adaptando o mesmo
ás necesidades de cada montaxe. En “O candil, o musical galego”, a butaca
achegarase á historia de Carmela, que tras unha longa xornada cargando peixe no
porto da Coruña, consegue colarse nunha sala do Pabellón Lino, un famoso teatro
de varietés. Vai acompañada da súa amiga Marica, unha atolada tabaqueira. Alí
coñecerán a Elvira, sofisticada cupletista que organiza festas clandestinas para as
grandes personalidades do momento.
Por outra parte, a semana pasada empezou no Fórum Metropolitano o ciclo “Todo
público” co espectáculo “La niña azul”, dos aragoneses Zazurca Artes Escénicas,
que dará paso o 1 de febreiro ás 18.30 horas a “Hubo”. El Patio virá desde A Rioxapara interpretar unha obra sen palabras que fala do amor, a perda, a soidade, a
memoria e o arraigamento. “Hubo” é unha homenaxe aos pobos, ao mundo rural e
ás persoas que o habitan.
En marzo, o día 7, poderase desfrutar de “El viaje de Ulises”, de Teatro Gorakada,
en que a compañía de Euskadi se irá ata o mundo grego para poñer enriba do
escenario aos deuses que moraban a cima do monte Olimpo e aos homes que se
atreveron a desafialos.
“Todo Público” diríxese ao público infantil (de 3 a 14 anos) e familiar, cunha oferta
que abarca tamén público escolar en horario lectivo. Contrátanse normalmente
cinco funcións, catro para escolares e unha para público familiar en fin de semana
(sábado ás 18:30 h). As propostas que realizan tanto as compañías do país como
as nacionais son moi variadas e van desde teatro con monicreques ou obxectos a
medios audiovisuais e danza.