Para poñerlle imaxe á cita de marzo na Coruña, o deseñador
coruñés xogou con oito puntos e un máis central, que son os
equipos que competirán polo trofeo e a bóla e que conforman
unha figura octogonal como a da planta da Torre de Hércules,
atravesada por dous sticks
A Coruña, 29 de xaneiro de 2020.- O concelleiro de Deportes, Juan
Ignacio Borrego, presentou esta mañá o cartel da Copa do Rei e da
Raíña de Hóckey patíns, que terá lugar na Coruña do 19 ao 22 de
marzo, un deseño de Antón Lezcano en que concentra a esencia
dun deporte que, para el é redondo, en puntiños coas cores do
Estado e as galegas, colocadas de tal xeito que debuxan unha
figura octogonal como a planta da Torre de Hércules. O edil
recordou que hai dez anos que a Real Federación Española de
Patinaxe non elixe como sede esta cidade “onde o stick forma parte
do noso imaxinario” e desexou que o campionato teña un final feliz
e a copa quede cerca da Torre.
Pola súa parte, Antón Lezcano explicou que a composición vén
daqueles partidos que viviu sendo pequeno no Pavillón dos
Deportes, onde os círculos delimitan a pista de parqué, que tamén
está de fondo, e sobre a que superpuxo ese octágono en que cada
círculo é un dos oito equipos masculinos e oito femininos que
disputarán o trofeo cunha bóla no centro e dous sticks:
“Ten certo toque vintage e lembra a eses carteis dos anos 80 e 90”.
No acto, tamén participou o vicepresidente do Deportivo Liceo,
Emilio Fernández, quen explicou que quixeron contar coa
creatividade de Lezcano despois do éxito dunha campaña anterior
realizada por el para a captación de persoas afeccionadas e
afeccionados/as ao hóckey.