O escritor Javier Becerra e a cantante Carolina Rubirosa presentarán a charla con
música en directo «¡Esto es pop! Especial Navidad».
Ademais, continuarán as actividades relacionadas co proxecto expositivo «O noso
planeta» .
03.01.2020. Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa coa súa programación de
actividades repleta de alternativas para toda a familia durante o Nadal. Cine, música de
diferentes xéneros e gastronomía danse cita na Sede Afundación da Coruña (Cantón
Grande, 8) ata o vindeiro mes de xaneiro.
O escritor e xornalista Javier Becerra e a cantante Carolina Rubirosa estarán o 4 de
xaneiro, a partir das 12.00 h, presentando ¡Esto es pop! Especial Navidad, un divertido
repaso á historia do pop en familia con música en directo. Tomando como referencia o
libro infantil ¡Esto es pop!, sairán ao escenario cancións de artistas como The Beatles,
Elvis Presley, Rolling Stones, Aretha Franklin, David Bowie, Michael Jackson ou Kylie
Minogue. Todo iso acompañado das ilustracións que a artista Catuxa Alonso creou
para o volume. E aproveitando as datas, rescataranse algunhas das cancións de Nadal
máis poperas, como All I want for Christmas is you ou Baby, please come home. As
entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com.
Os días 3 e 4 de xaneiro continúa o taller Os pequechefs e os magos de Oriente, no
que aprenden a elaborar canapés variados, pastel de atún, fajitas de polo ou galletas
para a noite de Reis. Ambos os dous cursos están dirixidos por Mayte Fernández.
As propostas audiovisuais tamén cobran un gran protagonismo. Os días 3, 11 e 18 de
xaneiro proxectaranse os oito capítulos que conforman o documental O noso planeta,
en sesión continua entre as 12.00 e as 20.00 h no Auditorio da sede.