Os outros puntos para solicitala son o Centro Ágora e a estación de autobuses
A Coruña, 13 de xaneiro de 2019.- O rexistro xeral de María Pita volve dispensar
tarxetas Millennium, logo de solucionar os problemas técnicos para realizar a
tramitación dun servizo que tamén está operativo nas oficinas do Centro Ágora e na estación de autobuses. A veciñanza pódese
beneficiar coa tarxeta de descontos na utilización do transporte público e efectuar o
pago do billete de autobús co moedeiro mediante o uso de lectores sen contactos.
Ademais, as súas vantaxes inclúen o acceso ás bibliotecas municipais como socios
e socias e o alugueiro de bicicletas en bicicoruna.es.