Oleiros, 20 de decembro de 2019-. Ante a alerta vermella costeira con vento combinado decretada para mañá sábado día 21, o Concello de Oleiros vai activar o Plan de Emerxencias Municipal para velar pola seguridade da veciñanza. O persoal dos departamentos de Emerxencias, Policía, Deportes, Obras Públicas, Comunicación e Servizos Municipais estarán mobilizados para atender calquera eventualidade na que sexa necesaria a súa presencia ou actuación.
Os parques públicos e paseos marítimos permanecerán pechados.
Tampouco poderán practicarse actividades ao aire libre, o que implicará a imposibilidade de disputar partidos de fútbol nos campos municipais.
Artigo completo en https://bit.ly/35ItZmS