martes, 17 de diciembre de 2019

Finaliza o ciclo «Cataventos» na Sede Afundación da Coruña con Hércules Brass


- Ofrecerán un concerto o vindeiro xoves 19 de decembro, ás 20.00 h, no auditorio da sede.

- As entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com.

17.12.2019. Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa coa súa nova proposta musical na súa sede da Coruña, o ciclo de concertos para instrumentos de vento «Cataventos». O último dos concertos terá lugar o vindeiro xoves 19 de decembro, a partir das 20.00 h, a cargo da agrupación Hércules Brass. As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com. 

HÉRCULES BRASS 

Agrupación conformada por mozos profesionais de vento metal cunha longa experiencia tocando xuntos, principalmente na Orquesta Joven de la Sinfónica de Galicia e na Joven Orquesta Nacional de España. Nos seus comezos, Hércules Brass foi finalista na 8 th International Jan Koetsier Competition for Brass Quintet, semifinalista na 8 th International Chamber Music Competition e obtivo o primeiro premio no IV Concurso de Vent-Metall Valeriano Machi i Esparza. Na súa curta traxectoria xa actuaron en festivais como o 30 aniversario da JONDE, Festival Spanish Brass Alzira 2013 ou o Festival Ticino Música 2013. Recentemente foron protagonistas dunha das emisións de Música Joven en Radio Clásica da RTVE e recibiron o primeiro premio no eMuse Online Music Competition 2014. Desde agosto de 2014 organizan o seu propio festival, Hércules Brass Celanova.