Os traballos, que abordan as temáticas de perspectiva de xénero, diversidade sexual, diversidade funcional e exclusión social, foron seleccionados para formar parte do concurso a través dunha convocatoria que recibiu máis de 1100 traballos de 89 países diferentes
O festival, que celebra a súa cuarta edición do 16 de setembro ao 5 de outubro, levarase a cabo no CGAI, NORMAL, Afundación, Fundación Luis Seoane e Praza de María Pita na Coruña
‘Taigeto, Sueños y Normalidad’, outra das iniciativas promovidas pola Plataforma DiversidArte durante o primeiro semestre do ano -formada por unha exposición de fotografía colectiva, unha performance e a edición dun libro en formato accesible- tamén forma parte dos contidos do festival
O grupo de música inclusiva Xerock Percusión (procedente de A Guarda) e o actor e cómico Quico Cadaval actuarán o sábado 21 de setembro na Praza María Pita
Accións artísticas na rúa e a Gala Festival DiversidArte, onde se entregarán os premios do concurso DiversimaCine, completan a programación de DiversidArte, Festival das Artes Inclusivas, 2019
A Coruña, 11 de setembro de 2019 -. Diversidarte, Festival das Artes Inclusivas, que se celebrará na Coruña do 16 de setembro ao 5 de outubro, proxectará en diferentes espazos da cidade 100 curtametraxes de temática social como parte do seu concurso DiversimaCine e ven de presentar a súa programación, esta mañá, nun almorzo para xornalistas na sede de Afundación.
A convocatoria, dirixida a colectivos, ONGs, produtoras e persoas que se adican á realización audiovisual de calquera nacionalidade, cultura ou relixión, recibiu máis de 1100 traballos de 89 países diferentes e estableceu catro categorías -perspectiva de xénero, diversidade sexual, diversidade funcional e exclusión social- para seleccionar e agrupar os traballos que xa forman parte de DiversidArte 2019. Entre os países participantes están Reino Unido, Irán, Australia, México, Brasil, Italia, Arxentina, Colombia e Israel, por citar algúns. A obra gañadora de cada un destes bloques recibirá un premio de 250€.
A partir do próximo martes, 17 de setembro, comezan as proxeccións das curtametraxes que forman parte de DiversimaCine en diferentes espazos da cidade vinculados á cultura como son a sede de Afundación, o CGAI e NORMAL. As sesións, que estarán libres de barreiras arquitectónicas e de comunicación, contarán con proxeccións subtituladas e non serán aptas para todas as edades xa que poden conter imaxes con contido sexual e/ou violento. As obras gañadoras daranse a coñecer durante a Gala Festival DiversidArte que terá lugar o sábado 5 de outubro na Fundación Luis Seoane.
‘Taigeto, Sueños y Normalidad’
“Taigeto, Sueños y Normalidad”, unha das iniciativas nas que a Plataforma DiversidArte traballou durante o primeiro semestre do ano, é outro dos eixos principais da programación desta edición de DiversidArte, Festival das Artes Inclusivas. Partindo dunha perspectiva histórica e co obxectivo de transmitir unha mensaxe de inclusión de contribuir á eliminación de estereotipos, o proxecto consta dunha exposición de fotografía colectiva -que permanecerá aberta dende o 16 de setembro ao 5 de outubro no centro comercial Marineda City- unha performance -que se representará o 21 de setembro na Praza María Pita- e un libro en formato accesible.
“Taigeto, Sueños y Normalidad”, unha das iniciativas nas que a Plataforma DiversidArte traballou durante o primeiro semestre do ano, é outro dos eixos principais da programación desta edición de DiversidArte, Festival das Artes Inclusivas. Partindo dunha perspectiva histórica e co obxectivo de transmitir unha mensaxe de inclusión de contribuir á eliminación de estereotipos, o proxecto consta dunha exposición de fotografía colectiva -que permanecerá aberta dende o 16 de setembro ao 5 de outubro no centro comercial Marineda City- unha performance -que se representará o 21 de setembro na Praza María Pita- e un libro en formato accesible.
O proxecto contou coa participación de máis de sesenta persoas, pertencentes a nove entidades sociais: Fundación ADCOR (Fundación de Adultos Discapacitados de A Coruña), CAPD (Centro Asistencial para Personas con Determinadas Capacidades), ONCE (Organización Nacional de Ciegos Españoles), GRUMICO (Grupo de personas con Discapacidad de A Coruña), Liga Reumatolóxica Galega, ACCEM (ONG por las personas refugiadas y migrantes), ACLAD(Asociación Coruñesa de Lucha Contra la Drogodependencia), CASCO (Comité Antisida de A Coruña) e ALAS (Asociación pola Liberdade Afectiva da Coruña) son os colectivos que, baixo a coordinación da Plataforma DiversidArte, fixeron posible un resultado “dunha calidade e un gusto inmellorables” en palabras de Cristina de la Puente, directora de proxectos de Poten100mos.
O nome da iniciativa deriva dos espartanos da antigua Grecia, que arroxaban ás persoas con discapacidade dende o Monte Taigeto para conseguir deste xeito que na súa civilización non existisen ás persoas diferentes.
Xornada ‘Estamos Artes de Todo’ na Praza María Pita
Como parte do festival, o sábado 21 de setembro a Praza María Pita acollerá unha xornada completa de arte inclusivo baixo o nome de ‘Estamos Artes de todo’. Ademais de representarse “Taigeto, Sueños y Normalidad”, por parte do grupo de expresión corporal DiversidArte, levaranse a cabo diferentes accións de arte na rúa. Cabe destacar a actuación do grupo de música inclusiva Xerock Percusión, procedente de A Guarda “que poderán disfrutar as persoas con dificultades auditivas gracias ao bucle magnético cedido por ACOPROS”, segundo informou Cristina de la Puente, e a performance de Quico Cadaval ‘O convalecente recibe’. Tamén formarán parte do programa deste día a máquina de ImpresiónArte de Milicia Gráfica, DJ Inclusivo Montxo Nucleus 6 e un experimento artístico sociolóxico no que, baixo o nome de ‘Pintura a Cegas’, tres artistas -Eduardo Albo, Eduardo Hermida e Vicky Casas Lage- poderán poñerse na pel dunha artista cega -Evelyne Amies de Vos- pintando con gafas especiais, cedidas pola ONCE, e compartir a experiencia co público que, a través da interacción, poderá comprobar como a Arte ven de dentro e supera as barreiras físicas coas que moitas persoas con diversidade funcional se atopan.
DiversidArte, Festival das Artes Inclusivas, conta co apoio do Concello de A Coruña, a Deputación Provincial de A Coruña e Caixabank Obra Social, a quen Cristina de la Puente quiso dedicar un especial agradecemento por “volver a crer en nós un ano máis”.
Plataforma DiversidArte é un dos proxectos principais da asociación sen ánimo de lucro Poten100mos, formada por un equipo de traballo profesional e multidisciplinar que traballa con grandes resultados polo desenvolvemento persoal e a inclusión sociolaboral de persoas en situación de vulnerabilidade física, psíquica e/ou social.