A Coruña, 11 de xullo de 2019.- O vindeiro martes 16 de xullo terá lugar a visita ao Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) no marco do ciclo de visitas “Xullo 2019: Coñece os Centros de Investigación da UDC", organizado polo Campus Innova.
A visita, que terá lugar ás 10:00 horas e unha duración aproximada de 60 minutos, comezará coa presentación por parte do director do CICA, Jaime Rodríguez González, e continuará coa visita aos laboratorios do Grupo BIOCOST, de Bioloxía Costeira; do Grupo Quimolmat, de Química Molecular e de Materiais; e do Grupo GIR, de Reumatoloxía.
Esta iniciativa comezou hoxe coa visita ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) e finalizará o venres 19 de xullo no Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (CITIC).
Para participar nas visitas propostas é necesario inscribirse cubrindo o seguinte formulario: https://forms.gle/vTqm8ezvcPbuQnn56
Os grupos serán limitados, sendo para cada un dos centros dun máximo de 25 persoas, que serán seleccionadas por estrita orde de recepción das solicitudes. Crearanse, así mesmo, listaxes de reserva por se algunha das persoas inscritas non puidese finalmente asistir.