martes, 23 de julio de 2019

The Sounds, última confirmación do Festival Noroeste Estrella Galicia 2019


A banda sueca de rock liderada por Maja Ivarsson regresa aos escenarios españois este verán como unha das cabezas de cartel do festival coruñés, para celebrar os seus 20 anos sobre os escenarios a golpe de pura enerxía na Praia de Riazor o sábado 10 de agosto, a partir das 00.00h

No cartel do 33º Noroeste Estrella Galicia, que se extenderá do 6 ao 11 de agosto, terán cabida os sons más atractivos e eclécticos, como o blues, o hardcore, o R&B, o soul, o rock, o garage, o surf, o punk, a psicodelia, o indie pop, o noise e, mesmo, a copla electrónica e a música brasileira

O programa do Noroeste contará con máis de 75 bandas e artistas e 150 horas de música ao vivo, con actuacións gratuítas en espazos singulares da Coruña e nomes tan destacados como os de Patti Smith and Band, Belako, Nathy Peluso, Paco Ibáñez, Joe Crepúsculo, Mastodonte, Los Punsetes, Anni B Sweet, Los Estanques, La URSS, The Last Internationale ou Soleá Morente

O concerto de Paco Ibáñez programado na Selección Noroeste 2019 colgou onte o cartel de ‘entradas esgotadas’. Dentro deste ciclo de directos singulares para gozar do Noroeste tamén desde o patio de butacas todavía hai dispoñibles localidades para o directo do pianista luso Júlio Resende, que mestura fado e jazz dunha forma única, o mércores 7 de agosto no Teatro Colón

A Coruña, 23 de xullo de 2019.- O 33º Festival Noroeste Estrella Galicia, que se celebrará do 6 ao 11 de agosto na Coruña, contará coa banda sueca de rock The Sounds como a cabeza de cartel para a velada do sábado 10 de agosto na Praia de Riazor. Con esta última confirmación, queda pechado o programa desta edición 2019 do festival, que se moverá ao ritmo de sons tan eclécticos e atractivos como o blues, o hardcore, o folk, o R&B, o soul, o rock, o garage, o surf, o punk, a psicodelia, o indie pop, o noise e, mesmo, a copla electrónica e a música brasileira. Patti Smith and Band, Belako, Nathy Peluso, Joe Crepúsculo, Paco Ibáñez, Mastodonte, Los Punsetes, La URSS, Soleá Morente, The Last Internationale, Anni B Sweet, Emma Pollock, Paul Collins Beat, Morgane Ji, TT Syndicate, Toundra, Seda, Escuchando Elefantes, Blanco Palamera, Derby Motoreta’s Burrito Kachimba, Los Árboles, Silvia Penide e Chiquita y Chatarra, entre moitas outras bandas e artistas, chaman a atención dentro dunha programación con máis de 75 actuacións gratuítas en espazos singulares repartidos por toda a cidade. Este 2019, o cartel do Noroeste Estrella Galicia rexistra un 50% de grupos galegos e un 45% de presenza feminina.

O 33º Noroeste Estrella Galicia celebrarase do 6 ao 11 de agosto de 2019, coa mesma filosofía urbana, ecléctica e de calidade dos seus últimos catro anos. Na súa pasada edición, o festival contou con preto de 90.000 asistentes. Este ano repetirá as súas máis de 150 horas de música ao vivo sobre escenarios singulares de toda A Coruña para consolidarse de novo como unha cita única e de referencia do verán peninsular.

O concerto de Paco Ibáñez programado na Selección Noroeste 2019 colgou onte o cartel de ‘entradas esgotadas’. Dentro deste ciclo de directos singulares para gozar do Noroeste tamén desde o patio de butacas todavía están dispoñibles localidades para o directo do pianista luso Júlio Resende, que mestura fado e jazz dunha forma única, o mércores 7 de agosto, ás 20.30h, no Teatro Colón da Coruña.

O cartel do 33º Festival Noroeste Estrella Galicia contará con máis de 75 bandas e artistas para este 2019: Andhrea & the Black Cats, Anni B Sweet, Baiuca, Bart Davenport, Basanta, Belako, Blanco Palamera, Chiquita y Chatarra, Chisme, Contenedor de Mierda, Crimson and Clover, Derby Motoreta’s Burrito Kachimba, DJ Inclusivo, Dois, Dr. Spectro, ELBA, Electra, Elvis Negro, Emma Pollock, Escuchando Elefantes, Faia, Hailu Mergia, Hickeys, Holly Miranda, Holywater, Indy Tumbita & The Voodoo Bandits, Jenny and the Mexicats, Joe Crepúsculo, Júlio Resende, La URSS, Ladrillo y Mujer, Las Antonias, Los Árboles, Los Estanques, Los Hermanos Cubero, Los Punsetes, Los Vinagres, Los Voluble, Lucifer, Mac N’ Rones, Mastodonte, Morgane Ji, Morgen, Mundo Prestigio, Músculo!, Nathy Peluso, Night Shades, Ñaco Goñi + Marian Ledesma & Tinaquero Brothers, Os Amigos dos Músicos, Pablo Lesuit, Paco Ibáñez, Patti Smith and Band, Paul Collins Beat, Ruiseñora, Sala 5, Santi Araújo, Seda, Silvia Penide, Soleá Morente, Superser, Teething, The Last Internationale, The Sey Sisters, The Sounds, The Wellgreen, Theta Waves, Toundra, TT Syndicate, Turbo Kraks, Turma Caipira, Volcanes, Vudú y Zu.

O ROCK SUECO DE THE SOUNDS INUNDARÁ O ESCENARIO PRINCIPAL NA PRAIA DE RIAZOR

A banda sueca de rock The Sounds regresa aos escenarios españois este verán como un dos cabezas de cartel do 33º Festival Noroeste Estrella Galicia, para celebrar os seus 20 anos sobre os escenarios a golpe de pura enerxía. A banda, liderada por Maja Ivarsson (voz), está ademais integrada por Felix Rodríguez (guitarra), Johan Bengtsson (baixo), Jesper Anderberg (sintetizadores) e Fredrik Nilsson (batería). O seu álbum debut, Living in America, que viu a luz en 2002, estivo nomeado a varios Grammy e logrou a cuarta posición na lista sueca de discos máis vendidos. A el seguíronlle Dying to Say This to You (2006), Crossing the Rubicon (2009), Something To Die For (2011) e Weekend (2013). A súa música chamou a atención non só do público e da prensa especializada, senón tamén do todopoderoso Hollywood: os seus temas Something To Die For e Yeah Yeah Yeah, pertencentes ao seu traballo Something To Die For, forman parte da banda sonora da película Scream 4. Nas súas múltiples xiras internacionais compartiron táboas con bandas da talla de Foo Fighters, Panic! At The Disco e The Strokes.



ECLECTICISMO, CALIDADE, VIVENCIA E DESCUBRIMENTO NUN FESTIVAL URBANO DE REFERENCIA

Como cada ano, A Coruña transformarase en agosto para acoller unha nova edición do Festival Noroeste Estrella Galicia. Este 2019, o festival celebrarase do 6 ao 11 de agosto e contará con máis de 70 bandas e artistas que inundarán cos sons máis eclécticos todos os recunchos urbanos da cidade. O Festival Noroeste Estrella Galicia é unha cita musical única en España, que ofrece un programa atractivo de concertos gratuítos ao aire libre e que cada ano reúne entre 60.000 e 90.000 persoas.

Considerado como un dos eventos musicais máis imprescindibles do verán no norte peninsular, o Noroeste está organizado polo Concello da Coruña e conta coa colaboración especial de Estrella Galicia. Un ano máis, o Noroeste Estrella Galicia apostará non só por grandes nomes internacionais, senón tamén polas novas promesas que pisan forte e polas bandas locais e galegas con moito que dicir enriba dun escenario, coa fin de ser de novo o reflexo dunha cidade moderna e fundamentalmente musical. Da súa man, A Coruña abrirase a novos camiños, a novas maneiras de facer e de mirar, consolidándose coma un reclamo de turismo experiencial, contemporáneo e singular.

Fiel á filosofía que ven caracterizando ao festival nas súas últimas edicións, o Noroeste Estrella Galicia manterá en 2019 o seu carácter urbano con escenarios repartidos por toda a cidade, para ofertar ao público novas experiencias e outras formas de interactuar coa xente a través da música. Así mesmo, o Noroeste Estrella Galicia repetirá a súa aposta por ofrecer ciclos de programación para todo tipo de públicos a diferentes horas do día e da noite. Na súa 33º edición contará de novo con sesións matinais (para ampliar a experiencia da cidadanía tamén no mediodía, da man de bandas con pegada da escena galega e estatal) e o Ciclo Selección Noroeste (con directos exclusivos en teatros e recintos a cuberto da cidade). O Mercado da Colleita, de Hijos de Rivera, celebrarase tamén durante a fin de semana.

O Concello da Coruña e Estrella Galicia continúan a súa colaboración un ano máis trala firma en 2016 dun convenio institucional relativo á programación cultural que se pode gozar na cidade e que ten como máximo expoñente ao Noroeste. Ademais, o festival colabora un ano máis co xa clásico Concurso de Bandas e Solistas de Cuac FM.